venres, 22 de maio de 2020

COLPBOL

Alumnado de 5º E.P. na Xornada Intercentros de Colpbol.

Sen dúbida o colpbol foi o deporte estrela este ano, nos recreos, en clases de Educación Física...

Nesta ocasión o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria participou nunhas Xornadas de Colpbol intercentros cos centros da contorna da man do programa XOGADE.

Foron dous días no que aprenderon moitísimo, compartiron experiencias e pasárono moi ben.

xoves, 21 de maio de 2020

RECREOS ACTIVOS






No noso centro temos recreos activos para todo o alumnado de Educación Primaria.

Despois dunha análise dos xogos e deportes preferidos do alumnado, fixemos un horario onde a través de distintos espazos gozan dun recreo activo e lúdico.

Contamos coa colaboración de voluntarios/as de quinto e sexto para facer posible isto. Cada quince días participan, un día á semana. Levan un peto identificativo e prestan axuda a quen o precise nos xogos. 

A xogar!!

RUGBY























Promocionar o deporte local é unha das iniciativas do noso Proxecto Deportivo, así que nesta ocasión o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria practicou e aprendeu moitísimo sobre  Rugby a través do programa "Xogando ao Rugby" da Federación Galega de Rugby.



CARREIRA A FRAGA

ALUMNADO DE 6º E.P.

ALUMNADO DE 5º E.P.

ALUMNADO DE 4º E.P.

ALUMNADO 3º E.P.

ALUMNADO DE 2º E.P.


O alumnado de segundo a sexto de Educación Primaria participou cos centros da contorna na Carreira da Fraga da man do programa Xogade. 

Foi unha xornada deportiva onde todos/as demostraron as súas habilidades e gozaron ao libre. 

As A.M.P.A.S. colaboraron con nós cunha peza de froita fresca e auga. Grazas a todos/as!!


CONTAMOS IGUAL

Traballos realizados polo alumnado do centro.

Alumnado de 5º.  E.P. coa súa coreografía "China"

Alumnado de 6º. E.P. coa súa coreografía "Te boté"


"Contamos igual" é unha actividade do programa de Educación para a Igualdade do Concello de As Pontes, destinado a 5º. e 6º. de Educación Primaria, na que unha das súas finalidades é concienciar sobre a igualdade de xénero.

O alumnado tiña que traducir ao galego unha canción de éxito recoñecible, e presentar unha  letra libre de ideas machistas, roles e estereotipos tradicionais de xénero. Ademais da letra tiñan que acompañar a melodía cunha coreografía. 

Foi un traballo interdisciplinar que fixemos en colaboración coa titoría, adaptando a letra, mestra especialista de música, gravando  a canción e mestra de Educación Física coa realización da coreografía do baile. Un traballo ao que lle adicamos moito tempo, aprendimos moito e do que profesorado e alumnado quedaron moi satisfeitos.

Como recoñecemento do esforzo realizado, cada centro participante recibiu un lote de libros da temática  igualdade e diversidade. 

Ademais ese día, o alumnado tivo contacto con todos os centros participantes da contorna nunha xornada de xogos sobre a igualdade, na que pasaron un estupendo tempo de lecer.


O MUNDO DA MICOLOXÍA



Alumnado de quinto de Primaria participou con propostas moi deportivas no concurso "O Mundo da Micoloxía", organizado polo Concello para os centros da contorna.  Todo o centro participou nesta inicativa, e todos os cursos obtiveron algún tipo de premio por esta participación. Alumnado de sexto foi o gañador para o cartel da "Feira de Fungos e Cogomelos" co seu deseño.

SAMAGOSTEEN









O Samagosteen é unha festa que se celebra tradicionalmente no centro, e que une as festas de Halloween, Magosto e Samaín, nunha celebración única. Gozamos dunha merenda moi boa que nos preparou a A.N.P.A. e participamos en diferentes xogos  populares e  tradicionais como a mariola, o reloxo, as peonzas ou o "traga-castañas" (tradicional rá), entre outros. Contamos coa colaboración de todo o claustro de mestres/as na participación dos xogos. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas!