xoves, 28 de maio de 2020

ENQUISA MOCHILAS DEPORTIVAS VIAXEIRAS

Ola! hoxe traio unha enquisa sobre a mochila deportiva viaxeira.
É importante que tod@s a cubrades para axudarnos a mellerar cada vez máis.

Enquisa mochila deportiva viaxeira.

Moitas grazas!!

DIPLOMAS AOS VOLUNTARI@S DOS RECREOS ACTIVOS

Ola a tod@s! Como todo traballo ten a súa recompensa, non queríamos deixar de premiar o esforzo que fixeron os nos@s voluntari@s dos recreos activos.
Así que cando vaiades ao centro a recoller o voso material, o alumnado de 5º e 6º de E.P. que participou nos recreos recibirá o seu diploma.


MOITAS GRAZAS!!

martes, 26 de maio de 2020

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

My plate 5º e 6º E.P.

Traballos de Arcimboldo de Educación Infantil

Traballos cesta da compra saudable 1º e 2º E.P.

Pirámide dos alimentos 3º e 4º E.P.

Incidir na alimentación era unha das nosas liñas prioritarias dende o noso grupo de traballo Santa María Saudable, nesta ocasión presentamos unha mostra do traballo realizado polos alumnos/as do centro durante o confinamento en casa.

Educación Infantil tiña que recrear o seu Arcimboldo saudable, primeiro e segundo facer unha cesta da compra saudable, terceiro e cuarto crear unha pirámide alimenticia e quinto e sexto preparar un plato saudable. 

Fixeron uns traballos estupendos e estamos seguros de que aprenderon moito! Moitas grazas chicos/as!

luns, 25 de maio de 2020

IOGA

O ioga encántanos no noso cole, sobre todo aos peques. Ao rematar as nosas clases de Educación Física ou Psicomotricidade  moitísimas veces facíamos algunha postura.

Unha das iniciativas que levaríamos a cabo no noso centro dende o grupo de traballo Santa María Saudable, era celebrar unha xornada de Ioga para tod@s. Como non puido ser así pola situación que estamos a vivir, a COVID-19, a monitora de ioga, de As Pontes Lidia Vilaboy, preparou para nós esta clase de ioga.




Moitísimas grazas Lidia!!

RUTINAS SAUDABLES DURANTE A CORENTENA EDUCACIÓN INFANTIL





Durante a corentena foi moi importante facer exercicio físico e unhas rutinas saudables para ter o noso corpo e a nosa mente san.

Os peques de Educación Infantil do noso centro compartiron con nós as súas rutinas.

Graciñas peques!!

sábado, 23 de maio de 2020

MOCHILAS DEPORTIVAS VIAXEIRAS



A mochila deportiva viaxeira foi unha das actividades propostas dende o noso grupo de traballo Santa María Saudable. Proposta aceptada por todo o claustro de profesorado, e xerou gran impacto no alumnado. 

Nora de 5º E.I. compartiu con nós a súa experiencia coa mochila deportiva viaxeira.


Encántanos ver como disfrutades na casa coa mochila deportiva viaxeira.

venres, 22 de maio de 2020

SEMANA DA PRENSA


Na Semana da Prensa no centro elaborouse un vídeo Xornalili  no que todos os cursos demostraron o seu talento como xornalistas. 

O alumnado de terceiro de primaria preparou a sección de deportes. Xoel e Sara convidaron a todos/as a participar na XXX CARREIRA PEDESTRE SAN XOSÉ 2020 V POR ELAS, carreira que non se puido levar a cabo pola situación actual do COVID-19. Tamén animan a todo o alumnado a xogar nos recreos activos, e coa mochila deportiva viaxeira, e  ao alumnado do centro que está a participar na liga de fútbol sala.

Graciñas Xoel e Sara, sodes uns marabillosos reporteiros deportivos.


COLPBOL

Alumnado de 5º E.P. na Xornada Intercentros de Colpbol.

Sen dúbida o colpbol foi o deporte estrela este ano, nos recreos, en clases de Educación Física...

Nesta ocasión o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria participou nunhas Xornadas de Colpbol intercentros cos centros da contorna da man do programa XOGADE.

Foron dous días no que aprenderon moitísimo, compartiron experiencias e pasárono moi ben.

xoves, 21 de maio de 2020

RECREOS ACTIVOS






No noso centro temos recreos activos para todo o alumnado de Educación Primaria.

Despois dunha análise dos xogos e deportes preferidos do alumnado, fixemos un horario onde a través de distintos espazos gozan dun recreo activo e lúdico.

Contamos coa colaboración de voluntarios/as de quinto e sexto para facer posible isto. Cada quince días participan, un día á semana. Levan un peto identificativo e prestan axuda a quen o precise nos xogos. 

A xogar!!

RUGBY























Promocionar o deporte local é unha das iniciativas do noso Proxecto Deportivo, así que nesta ocasión o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria practicou e aprendeu moitísimo sobre  Rugby a través do programa "Xogando ao Rugby" da Federación Galega de Rugby.



CARREIRA A FRAGA

ALUMNADO DE 6º E.P.

ALUMNADO DE 5º E.P.

ALUMNADO DE 4º E.P.

ALUMNADO 3º E.P.

ALUMNADO DE 2º E.P.


O alumnado de segundo a sexto de Educación Primaria participou cos centros da contorna na Carreira da Fraga da man do programa Xogade. 

Foi unha xornada deportiva onde todos/as demostraron as súas habilidades e gozaron ao libre. 

As A.M.P.A.S. colaboraron con nós cunha peza de froita fresca e auga. Grazas a todos/as!!


CONTAMOS IGUAL

Traballos realizados polo alumnado do centro.

Alumnado de 5º.  E.P. coa súa coreografía "China"

Alumnado de 6º. E.P. coa súa coreografía "Te boté"


"Contamos igual" é unha actividade do programa de Educación para a Igualdade do Concello de As Pontes, destinado a 5º. e 6º. de Educación Primaria, na que unha das súas finalidades é concienciar sobre a igualdade de xénero.

O alumnado tiña que traducir ao galego unha canción de éxito recoñecible, e presentar unha  letra libre de ideas machistas, roles e estereotipos tradicionais de xénero. Ademais da letra tiñan que acompañar a melodía cunha coreografía. 

Foi un traballo interdisciplinar que fixemos en colaboración coa titoría, adaptando a letra, mestra especialista de música, gravando  a canción e mestra de Educación Física coa realización da coreografía do baile. Un traballo ao que lle adicamos moito tempo, aprendimos moito e do que profesorado e alumnado quedaron moi satisfeitos.

Como recoñecemento do esforzo realizado, cada centro participante recibiu un lote de libros da temática  igualdade e diversidade. 

Ademais ese día, o alumnado tivo contacto con todos os centros participantes da contorna nunha xornada de xogos sobre a igualdade, na que pasaron un estupendo tempo de lecer.


O MUNDO DA MICOLOXÍA



Alumnado de quinto de Primaria participou con propostas moi deportivas no concurso "O Mundo da Micoloxía", organizado polo Concello para os centros da contorna.  Todo o centro participou nesta inicativa, e todos os cursos obtiveron algún tipo de premio por esta participación. Alumnado de sexto foi o gañador para o cartel da "Feira de Fungos e Cogomelos" co seu deseño.

SAMAGOSTEEN









O Samagosteen é unha festa que se celebra tradicionalmente no centro, e que une as festas de Halloween, Magosto e Samaín, nunha celebración única. Gozamos dunha merenda moi boa que nos preparou a A.N.P.A. e participamos en diferentes xogos  populares e  tradicionais como a mariola, o reloxo, as peonzas ou o "traga-castañas" (tradicional rá), entre outros. Contamos coa colaboración de todo o claustro de mestres/as na participación dos xogos. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas!

luns, 18 de maio de 2020

Hockey


Impulsar o deporte local é unha das liñas de actuación do noso Proxecto Deportivo. Adestradores do Clube de Hockey de As Pontes viñeron ao noso centro a ensinarnos moitas cousas sobre este deporte, pasamos unhas xornadas moi lúdicas con eles. Graciñas!

venres, 24 de xaneiro de 2020

"Visita o teu super"

Os alumnos/as de 6º. de E.P. participaron no programa "Visita tu super" organizado polo Eroski. Fixeron a visita a este super e tiveron unha xornada sobre a importancia de levar unha alimentación equilibrada e uns hábitos de vida saudables, co obxectivo de sensibilizar aos nenos/as sobre o preocupante crecemento da obesidade infantil. Convidáronos a todo tipo de froitas. Graciñas!