venres, 24 de xaneiro de 2020

"Visita tu super"

Os alumnos/as de 6º de E.P. participaron no programa "Visita tu super" organizado polo Eroski. Fixeron a visita a este super e tiveron unha xornada sobre a importancia de levar unha alimentación equilibrada e uns hábitos de vida saudables, co obxectivo de sensibilizar aos nenos/as sobre o preocupante crecemento da obesidade infantil. Convidáronlles a todo tipo de froitas. Graciñas!