xoves, 21 de maio de 2020

CONTAMOS IGUAL

Traballos realizados polo alumnado do centro.

Alumnado de 5º.  E.P. coa súa coreografía "China"

Alumnado de 6º. E.P. coa súa coreografía "Te boté"


"Contamos igual" é unha actividade do programa de Educación para a Igualdade do Concello de As Pontes, destinado a 5º. e 6º. de Educación Primaria, na que unha das súas finalidades é concienciar sobre a igualdade de xénero.

O alumnado tiña que traducir ao galego unha canción de éxito recoñecible, e presentar unha  letra libre de ideas machistas, roles e estereotipos tradicionais de xénero. Ademais da letra tiñan que acompañar a melodía cunha coreografía. 

Foi un traballo interdisciplinar que fixemos en colaboración coa titoría, adaptando a letra, mestra especialista de música, gravando  a canción e mestra de Educación Física coa realización da coreografía do baile. Un traballo ao que lle adicamos moito tempo, aprendimos moito e do que profesorado e alumnado quedaron moi satisfeitos.

Como recoñecemento do esforzo realizado, cada centro participante recibiu un lote de libros da temática  igualdade e diversidade. 

Ademais ese día, o alumnado tivo contacto con todos os centros participantes da contorna nunha xornada de xogos sobre a igualdade, na que pasaron un estupendo tempo de lecer.


Ningún comentario:

Publicar un comentario