Ola! hoxe traio unha enquisa sobre a mochila deportiva viaxeira.
É importante que tod@s a cubrades para axudarnos a mellerar cada vez máis.
Enquisa mochila deportiva viaxeira.
Moitas grazas!!
xoves, 28 de maio de 2020
DIPLOMAS AOS VOLUNTARI@S DOS RECREOS ACTIVOS
Ola a tod@s! Como todo traballo ten a súa recompensa, non queríamos deixar de premiar o esforzo que fixeron os nos@s voluntari@s dos recreos activos.
Así que cando vaiades ao centro a recoller o voso material, o alumnado de 5º e 6º de E.P. que participou nos recreos recibirá o seu diploma.
Así que cando vaiades ao centro a recoller o voso material, o alumnado de 5º e 6º de E.P. que participou nos recreos recibirá o seu diploma.
MOITAS GRAZAS!!
martes, 26 de maio de 2020
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
My plate 5º e 6º E.P.
![]() |
Traballos de Arcimboldo de Educación Infantil |
![]() |
Traballos cesta da compra saudable 1º e 2º E.P. |
luns, 25 de maio de 2020
IOGA
O ioga encántanos no noso cole, sobre todo aos peques. Ao rematar as nosas clases de Educación Física ou Psicomotricidade moitísimas veces facíamos algunha postura.
Unha das iniciativas que levaríamos a cabo no noso centro dende o grupo de traballo Santa María Saudable, era celebrar unha xornada de Ioga para tod@s. Como non puido ser así pola situación que estamos a vivir, a COVID-19, a monitora de ioga, de As Pontes Lidia Vilaboy, preparou para nós esta clase de ioga.
Unha das iniciativas que levaríamos a cabo no noso centro dende o grupo de traballo Santa María Saudable, era celebrar unha xornada de Ioga para tod@s. Como non puido ser así pola situación que estamos a vivir, a COVID-19, a monitora de ioga, de As Pontes Lidia Vilaboy, preparou para nós esta clase de ioga.
Moitísimas grazas Lidia!!
RUTINAS SAUDABLES DURANTE A CORENTENA EDUCACIÓN INFANTIL
Durante a corentena foi moi importante facer exercicio físico e unhas rutinas saudables para ter o noso corpo e a nosa mente san.
Os peques de Educación Infantil do noso centro compartiron con nós as súas rutinas.
Graciñas peques!!
sábado, 23 de maio de 2020
MOCHILAS DEPORTIVAS VIAXEIRAS
A mochila deportiva viaxeira foi unha das actividades propostas dende o noso grupo de traballo Santa María Saudable. Proposta aceptada por todo o claustro de profesorado, e xerou gran impacto no alumnado.
![]() |
Nora de 5º E.I. compartiu con nós a súa experiencia coa mochila deportiva viaxeira. |
venres, 22 de maio de 2020
SEMANA DA PRENSA
Na Semana da Prensa no centro elaborouse un vídeo Xornalili no que todos os cursos demostraron o seu talento como xornalistas.
O alumnado de terceiro de primaria preparou a sección de deportes. Xoel e Sara convidaron a todos/as a participar na XXX CARREIRA PEDESTRE SAN XOSÉ 2020 V POR ELAS, carreira que non se puido levar a cabo pola situación actual do COVID-19. Tamén animan a todo o alumnado a xogar nos recreos activos, e coa mochila deportiva viaxeira, e ao alumnado do centro que está a participar na liga de fútbol sala.
Graciñas Xoel e Sara, sodes uns marabillosos reporteiros deportivos.
COLPBOL
![]() |
Alumnado de 5º E.P. na Xornada Intercentros de Colpbol. |
Sen dúbida o colpbol foi o deporte estrela este ano, nos recreos, en clases de Educación Física...
Nesta ocasión o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria participou nunhas Xornadas de Colpbol intercentros cos centros da contorna da man do programa XOGADE.
Foron dous días no que aprenderon moitísimo, compartiron experiencias e pasárono moi ben.
xoves, 21 de maio de 2020
RECREOS ACTIVOS
No noso centro temos recreos activos para todo o alumnado de Educación Primaria.
Despois dunha análise dos xogos e deportes preferidos do alumnado, fixemos un horario onde a través de distintos espazos gozan dun recreo activo e lúdico.
Contamos coa colaboración de voluntarios/as de quinto e sexto para facer posible isto. Cada quince días participan, un día á semana. Levan un peto identificativo e prestan axuda a quen o precise nos xogos.
A xogar!!
RUGBY
Promocionar o deporte local é unha das iniciativas do noso Proxecto Deportivo, así que nesta ocasión o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria practicou e aprendeu moitísimo sobre Rugby a través do programa "Xogando ao Rugby" da Federación Galega de Rugby.
CARREIRA A FRAGA
![]() |
ALUMNADO DE 6º E.P. |
![]() |
ALUMNADO DE 5º E.P. |
![]() |
ALUMNADO DE 4º E.P. |
![]() |
ALUMNADO 3º E.P. |
CONTAMOS IGUAL
Traballos realizados polo alumnado do centro. |
Alumnado de 5º. E.P. coa súa coreografía "China" |
Alumnado de 6º. E.P. coa súa coreografía "Te boté" |
"Contamos igual" é unha actividade do programa de Educación para a Igualdade do Concello de As Pontes, destinado a 5º. e 6º. de Educación Primaria, na que unha das súas finalidades é concienciar sobre a igualdade de xénero.
O alumnado tiña que traducir ao galego unha canción de éxito recoñecible, e presentar unha letra libre de ideas machistas, roles e estereotipos tradicionais de xénero. Ademais da letra tiñan que acompañar a melodía cunha coreografía.
Foi un traballo interdisciplinar que fixemos en colaboración coa titoría, adaptando a letra, mestra especialista de música, gravando a canción e mestra de Educación Física coa realización da coreografía do baile. Un traballo ao que lle adicamos moito tempo, aprendimos moito e do que profesorado e alumnado quedaron moi satisfeitos.
Como recoñecemento do esforzo realizado, cada centro participante recibiu un lote de libros da temática igualdade e diversidade.
Ademais ese día, o alumnado tivo contacto con todos os centros participantes da contorna nunha xornada de xogos sobre a igualdade, na que pasaron un estupendo tempo de lecer.
O MUNDO DA MICOLOXÍA
Alumnado de quinto de Primaria participou con propostas moi deportivas no concurso "O Mundo da Micoloxía", organizado polo Concello para os centros da contorna. Todo o centro participou nesta inicativa, e todos os cursos obtiveron algún tipo de premio por esta participación. Alumnado de sexto foi o gañador para o cartel da "Feira de Fungos e Cogomelos" co seu deseño.
SAMAGOSTEEN
O Samagosteen é unha festa que se celebra tradicionalmente no centro, e que une as festas de Halloween, Magosto e Samaín, nunha celebración única. Gozamos dunha merenda moi boa que nos preparou a A.N.P.A. e participamos en diferentes xogos populares e tradicionais como a mariola, o reloxo, as peonzas ou o "traga-castañas" (tradicional rá), entre outros. Contamos coa colaboración de todo o claustro de mestres/as na participación dos xogos. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas!
luns, 18 de maio de 2020
Hockey
Impulsar o deporte local é unha das liñas de actuación do noso Proxecto Deportivo. Adestradores do Clube de Hockey de As Pontes viñeron ao noso centro a ensinarnos moitas cousas sobre este deporte, pasamos unhas xornadas moi lúdicas con eles. Graciñas!
venres, 24 de xaneiro de 2020
"Visita o teu super"
Os alumnos/as de 6º. de E.P. participaron no programa "Visita tu super" organizado polo Eroski. Fixeron a visita a este super e tiveron unha xornada sobre a importancia de levar unha alimentación equilibrada e uns hábitos de vida saudables, co obxectivo de sensibilizar aos nenos/as sobre o preocupante crecemento da obesidade infantil. Convidáronos a todo tipo de froitas. Graciñas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)